Por terceiro ano consecutivo, o equipo feminino B do Victoria CF que adestra a técnica valdeorresa Isabel Vázquez xunto a Gonzalo Bouzas (delegado) e Pablo Souto (segundo adestrador), xogará a final da Copa A Coruña, en Riazor.

As coruñesas vencían 0-11 a Xuventude Crendes en oitavos e final; 0-5 á UD Carral en cuartos (goles de Ambra no minuto 3, Didi no 11′ e no 29′, Pereira no 27′ e Claudia no 32′); e 7-3 ao Sporting Cambre en semifinais.


Na primeira edición perdían 2-0 contra Orzán SD e na segunda vencían 2-0 contra Bergantiños FC levándose a Copa. Un resultado que intentarán revalidar nesta terceira edición. A final xogarana contra SCD Pastoriza (Segunda división galega) que eliminou ao Orzán SD 1-1 en cuartos de final a penaltis e ao San Pedro en semifinal 1-1, tamén a penaltis.

O ano pasado ao gañar a Copa Coruña, o Victoria clasificábase para xogar tamén a Copa Deputación en Narón que gañaban tras vencer en semifinais ao Xallas 5-0 e na final ao Boiro 2-1.

Fotos cedidas.



