Bos resultados para o Club Atletismo Rúa na xornada da Copa Deputación de Atletismo celebrada o 23 de maio en Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, con dous podios para as lanzadoras de xavelina de 500 g.
Tal como explican dende o club, Carlota Navarro conseguía a primera posición cun mellor lanzamento de 20,28 m ( MMP)” e Adriana Taboada a terceira “cun mellor lanzamento de 22,10 (MMP)”. Sabela Martínez acababa en oitava posición cun mellor lanzamento de 16,12m .
A semana pasada a atleta Isabel Seco competía tamén na Copa Deputacion logrando outra medalla de prata en disco de 1 Kg.
Fotos cedidas.



