CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco saca unha camiseta de edición especial para a final da Copa Deputación

O partido contra o Velle será o sábado 31 de maio ás 18 horas no Campo do Couto (Ourense)

 

O CD Barco pasará o vindeiro sábado 31 de maio o último exame da tempada. Co trofeo de campión de liga en casa e o regreso á Terceira RFEF, aos vermellos só lles queda gañar a Copa Deputación e facer un doblete histórico.

Os de Lino Estévez comezaban a competición alá polo mes de novembro pasando o primeiro partido ante o Antela (vencían nos penaltis tralo empate a uns). Despois vencían 0-9 ao Sporting Vilamarín; 0-8 á Peroxa; 0-3 a La Purísima; e 0-6 ao Loñoá. A final será o sábado ás 18 horas no Campo do Couto (Ourense) contra o Velle.

E para ver o interesante partido e encher o Couto de afeccionados barquenses, o Centro de Deportes Barco informa de que as entradas estarán disponibles a un prezo de 8 euros, ademais de sacar unha camiseta edición especial que custará 12 euros (baixo encargo). Póndese mercar as dúas cousas por 20 euros ou de forma independente, en: Churrería A General, Peluquería Nilo, La Plazita e Horta de Fina e Mar.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button