EconomíaEconomíaÚltima hora

Verónica Vieira, responsable da parte artística da marca Turismo das Terras do Bolo

A deseñadora gráfica valdeorresa explicaba o deseño na presentación celebrada no Castelo do Bolo

 

Din que ninguén é profeta na súa terra pero esta afirmación non sempre se cumple. No caso de Verónica Vieira González, deseñadora gráfica e directora de arte, natural da Rúa con fondas orixes en Barxa (O Bolo), era a profesional elixida pola consultoría de comunicación Comunicando para levar a cabo a parte artística do proxecto de creación da marca Turismo das Terras do Bolo.

Amante do rural en xeral e da aldea que a viu crecer en particular, defendendo o traballo de calidade dende calquera parte do planena, Verónica destaca que O Bolo aposte por facer cousas con xente local e sobre todo que, sendo un concello tan pequeno, aposte pola calidade e polo deseño. “Non é algo habitual”, dicía a deseñadora na presentación da imaxe de marca que tiña lugar na mañá deste luns 2 de xuño no Castelo do Bolo.

 

 

Alí, acompañada polo alcalde, o socialista Aberto Vázquez, polo tenente de alcalde, o independente Miguel A. García e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, Verónica explicaba o proceso creativo de Turismo das Terras o Bolo, destacando o feito de que “para os galegos a palabra terra ten un arraigo especial que vai moito máis alá do chan que pisamos” e comprende moito mellor a todas e cada unha das 28 aldeas e parroquias que conforman xeograficamente o concello do Bolo. “Engloba á nosa cultura, ás persoas, á tradición e neste caso concreto dalle á marca esa amplitude que ten O Bolo”.

Con respecto á imaxe en si, buscaban algo “tradicional é a vez atemporal”. E para logran ese equilibro entre tradición e modernidade empregaron como base a forma dun selo no que incluíron cinco elementos tradicionais pero con formas sinxelas, de trazos simples, que representan o potencial turístico do municipio: o Sol como a “peana e resplandor” da Virxe;  unha torre que fai referencia ao patrimonio; representación de montañas, camiños e viñas; unha folla en representación da natureza; e a auga de ríos e praias fluviais.

 

 

Turismo das Terras do Bolo é tamén unha marca práctica, que pode descompoñerse para diferentes usos e seguir funcionado, como imaxe soa ou texto só en diferentes construcións, para diversas versións e aplicacións.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button