DeportesFútbol salaÚltima hora

O Torneo Futsal Vila do Barco volve en xullo cun mini torneo feminino, outro de base e moitos premios

A II edición celebrarase no Pavillón Municipal de Calabagueiros do 4 ao 6 de xullo e as inscricións estarán abertas ata o 29 de xuño

Un partido do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Por segundo ano consecutivo e de novo da man de Adrián Ramos, Óscar Durán, Juan Blanco e Rubén Rodríguez, volve o Torneo Futsal Vila do Barco, con moitas novidades e sorpresas.

Mantendo a esencia do ano pasado, a II edición do campionato celebrarase do 4 ao 6 de xullo, no Pavillón Municipal de Calabagueiros. Comezará o venres pola tarde e rematará o domingo tamén pola tarde coas finais. Con respecto ao premios, haberá para os catro primeiros clasificados (1.500 puntos para o 1º; 750 puntos para o 2º e 150 puntos para o 3º e 4º) e tamén trofeo para o mellor xogador e o mellor porteiro. “Ademais o campión levará tamén dúas sesións de rehabilitación por xogador na Clínica Vázquez”, avanza Adrián Ramos dende a organización, destacando que, na tarde do domingo durante as finais haberá sorteos. “Temos moitos artigos donados por clubs e empresas que se repartirán segundo o sorteo. As rifas estarán á venda durante toda a fin de semana a 1 euro”, di, engadindo que sacaron tamén á venda (12 euros) camisetas do torneo.

 

 

Aínda que o torneo é masculino, o domingo haberá un mini torneo con equipos femininos entre os que estarán o Rúa Valdeorras FSF, o Cidade de As Burgas e unha selección de xogadoras de Ourense. E este ano como novidade celebrarase tamén un triangular de base que se disputará o venres pola tarde entre o C.D. Barco, C.D. Rúa e Tres Cuñados FS. Ademais, o domingo a mediodía haberá sesión vermú con paella, coa colaboración de Javi do SKANDALO.

As inscricións (120 puntos) para maiores de 16 anos e un máximo de 12 xogadores por equipo, que contarán con seguro, estarán abertas ata o 29 de xuño.

 

 

Máis información no número de xuño de O SIL Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button