A VeigaConcellosÚltima horaVídeos

A Veiga acolle a 2ª fase do XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, na memoria de Dorinda Pérez

O alcalde Juan Anta pasáballe o testemuño a Amable Fernández, alcalde de Manzaneda, para celebrar alí a fase final do Certame o vindeiro 27 de xullo

 

Na mañá deste sábado 7 de xuño a área recreativa do Coiñedo, na Veiga, acollía a segunda fase do XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas na memoria de Dorinda Pérez rodríguez, cantora de Pradolongo que morría no ano 2023 aos 102 anos, sendo a súa filla quen recollía un detalle de mans do director da Real Banda de Gaitas e do propio certame, Xosé Lois Foxo.

 

 

 

En total eran dez as bandas de gaitas chegadas de toda a xeografía galega que participaban no evento presentado por Montse Estévez: Castrelo de Miño-Preparatorio-O Bolo, Riós, Tarde Piache de Xinzo, Xinzo de Limia, Ladies Band, Chantada, Toxo Queimado de Baleira, Real Xuvenil, Agarimo de Catabois de Ferrol e Concello de A Veiga. Esta última, como anfitrioa era quen poñía o broche final e clausurou o evento. Antes, o alcalde Juan Anta pasáballe o testemuño a Amable Fernández, alcalde de Manzaneda para celebrar alí a fase final do Certame o vindeiro 27 de xullo.

 

 

Fotos e vídeos: Ares Pérez e cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button