A limpeza e mantemento dos ríos é un dos aspectos máis importantes para os clubs de pesca e o Veira do Sil non é unha excepción.
Na mañá deste domingo 8 de xuño varios membros do club valdeorrés desprazábanse ata a veciña comarca lucense para limpar un tramo do río Quiroga, do que, tal como pode verse nas imaxes, sacaron unha boa cantidade de lixo, entre o que non faltan plásticos e algunha roda.



Fotos cedidas.



