CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A clase 1ºB do IES Lauro Olmo do Barco, premiada na categoría de Slogan do programa ‘Clases sen fume’

 

Na mañá deste martes 10 de xuño entregábanse os premios do programa da Xunta ‘Clases sen fume’, no que preto de 2.600 escolares de 43 centros educativos galegos reflexionaron sobre os beneficios de dicirlle non ao tabaco.

No acto, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; e pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.

Nesta XXI edición do programa, desenvolvida pola Consellería de Sanidade coa colaboración da Consellería de Educación e da Dirección Xeral de Xuventude, resultaron galardoados o alumnado de 1ºB do Colexio Privado Plurilingüe San Fermín (Caldas de Reis), na categoría de Clases sen fume; a clase 1ºB do IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), na categoría de slogan; 2ºC do IES Leiras Pulpeiro (Lugo), co 1º premio de actividade creativa; e con accésits: 1º A do CEIP Fingoi (Lugo), 1º A do IES Leiras Pulpeiro (Lugo), 2º D do IES O Couto (Ourense), 2ºB do IES Agra de Raíces (A Coruña) e 2ºA do CPR Plurilingüe Niño de Jesús de Praga (Vigo).

 

Artigos relacionados

Back to top button