A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa vivirá este sábado unha xornada perruna única co I Concurso Local Canino

Comezará ás 10 horas na área recreativa do Aguillón, está aberto a todas as razas e incluirá charlas divulgativas

 

Este sábado 14 de xuño a partir das 9 horas, a área recreatica do Aguillón, na Rúa collerá un Concurso Local Canino. Unha cita imprescindible para todos os amantes dos cans, na que se poñerá en valor non só a estética, senón tamén o comportamento, a harmonía do movemento e, sobre todo, a conexión entre o animal e o seu presentador.

A xornada contará como xuíza con Claudia Guadián Ruano, unha nova promesa da cinofilia española que xa é unha referencia no ámbito do handling xuvenil. Ademais do concurso, haberá actividades complementarias e charlas divulgativas relacionadas co mundo do can, onde os asistentes poderán aprender sobre adestramento e saúde canina; e rematará arredor das 14 horas cun aperitivo para todos os asistentes.

O evento está aberto a todas as razas, e contará con diferentes categorías:
– Cachorros: ata 1 ano
– Novos: de 1 a 2 anos
– Adultos: de 2 a 8 anos
– Veteranos: máis de 8 anos

 

 

Tamén haberá un Concurso Infantil, destinado a nenos de ata 14 anos, onde se valorará especialmente a presentación, o coñecemento do can e a complicidade que os seus presentadores mostren con el, fomentando así a educación e o respecto cara aos animais desde idades temperás.

“Este evento conta coa colaboración de importantes patrocinadores do sector como Arion, Valcan, Gloriapets, NutraDog, Ricardo Terán SL, ou MEDCART GALICIA, entre outros, e co apoio do Concello da Rúa”, din dende a organización, asegurando que a cita “promete ser unha xornada inesquecible para gozar en familia, formarse e compartir experiencias entre afeccionados, familias e profesionais do ámbito perruno”.

A inscrición é totalmente gratuíta e pode realizarse a través do teléfono 606 44 70 58 (chamada ou WhatsApp) ou por correo electrónico en concursolocalcanino@gmail.com

 

Artigos relacionados

Back to top button