Impartía unha conferencia sobre a peregrinación xacobea na tarde do 10 de decembro no Barco
“Peregrinación xacobea, ¿que é peregrinar?” era o título da conferencia que na tarde do 10 de decembro impartía o doutor José Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, docente, ensaísta e escritor.
Afondaba no sentido das peregrinacións, e máis en concreto na referida a Santiago de Compostela, nunha ponencia que tiña como escenario o salón de actos do edificio multiusos do Barco. Con esta conferencia pechábase o ciclo adicado ao Camiño de Inverno que se vén desenvolvendo dende novembro e promovido polo Instituto de Estudos Valdeorreses, o Concello do Barco e a asociación valdeorresa de Amigos do Camiño de Inverno.