Na gala coa que o Adas Cupa do Barco celebraba os seus 43 anos de vida na noitiña do 24 de outubrono Teatro Lauro Olmo non faltaban tampouco as distincións para colaboradores dende diferentes ámbitos co club, así como para empresas patrocinadoras, entidades de diverso tipo e institucións.
Este apartado da gala principiaba co recoñecemento ao persoal do estadio de Calabagueiros do Barco, a concelleiros de deportes e a xuíces de atletismo. Os distinguidos eran José Mondelo, Avelino Fernández Seco, Montse Barrio, Ángel Fernández, Belén Gómez, Rubén García, Blanca Peral, Elvira González, Elisa Aller, Fernando Valcarce, Miriam Fernández, Carolina Bedoya, Ana Belén Estévez, Alberto Pungín, Javier García, Paco Crespo, Coral Calvo, Diana Urdangaray e Fernando Fuertes.

Na categoría de alcaldes e ex alcaldes da comarca premiados figuraban Aurentino Alonso (O Barco), Avelino García Ferradal, Álvaro Rodríguez, María G. Albert e Luis Fernández Gudiña (A Rúa), Juan Anta (A Veiga) e Enrique Álvarez (Vilamartín).

Outro dos apartados de premios era o das empresas colaboradoras e entidades, no que recollían o seu premio representantes de Cupa Pizarras, Iberdrola, Gadis, Distribuciones Roca, Generali Seguros, Autoescuela Triunfo, Narjoysa, FisioVal, Bar Lisboa, CUFA, De la Puente Perfumería, Reloxería Anta, Librería Praxis, Bodega Cooperativa do Barco, Bodega Roandi, Bioca, Tri-Sport, Policía Local do Barco, Policía Local da Rúa, Protección Civil, Ambulancias Sil e Cruz Vermella Valdeorras.

Clubs asociados
O Adas lembraba tamén a colaboración e alianzas con outros clubs nalgunhas competicións e nese senso distinguía a: Lucus, O Pino, Lugo Running, Sociedade Ximnástica de Pontevedra e ao Ourense Atletismo.
Institucións e entidades
A través de galardóns tamén se agradecía o apoio que diversas entidades e institucións veñen dando ao atletismo valdeorrés: Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Concello do O Barco, Federación Galega de Atletismo, Servizo Provincial de Deportes de Ourense, Concello da Veiga, Concello de Vilamartín e Concello da Rúa.

Distincións de honra
A derradeira entrega da gala do Adas era a das “Distincións de Honra”a persoas e entidades polo seu compromiso co club. Os homenaxeados eran: Isidoro Hornillos (ex presidente da FGA), o atleta Alberto Carlos Asensio, os ex alcaldes da Rúa, José Vicente Solarat; e do Barco, Alfredo García; o ex responsable do Servizo provincial de Deportes e do deporte escolar Mario Guede; o atleta Marcos Carracedo Rama, o presidente da FGA Iván Sanmartín; o responsable do Servizo Provincia de Deportes Manuel Pérez Álvarez e o delegado da delegación valdeorresa da FGA Manuel Rodríguez Teijeiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
O Adas Cupa do Barco celebra os seus 43 anos de atletismo e valores cunha gala chea de premios
O Adas Cupa do Barco celebra os seus 43 anos de atletismo e valores cunha gala chea de premios