Xornadas de orientación laboral, charlas educativo-empresariais, fomento da lectura… As últimas semanas están sendo moi activas no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, un dos centros elixidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para formar parte do programa de fomento de lectura, que inclúe unha serie de actividades.
A primeira tiña lugar na tarde do 11 de febreiro. Durante unha hora e media, os alumnos de 3º da ESO compartiron un encontro coa periodista e escritora Elena Gallego que se achegou ata O Barco de Valdeorras para falar sobre a saga fantástica “Dragal” da que é autora e que será levada á gran pantalla. Todos os asistentes leron a primeira entrega da colección “A Herdanza do gradón” pero durante a súa visita, a propia autora explicou que a saga completa constará de dez libros. Catro xa están publicados e atópase en pleno proceso de creación do quinto, o que será a metade desta fantástica historia sobre dragóns, en galego.
O programa de fomento da lectura da Xunta inclúe un obradoiro de regueifas; a visita do actor galego César Cambeo; e unha excursión para investigar sobre toponimia, a realizar entre os meses de maio e xuño.
Fotos: Mónica G. Bellver.