Na tarde-noite do 18 de febreiro, Xosé Anxo Pérez Argibay, secretario da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras dende hai uns anos, presentaba ante os socios a súa dimisión “por motivos persoais e de saúde”, lendo unha carta de despedida e agradecemento tanto á directiva como ao resto de socios. Era un dos puntos da orde do día da asemblea xeral ordinaria que o colectivo celebraba no segundo andar do Concello da Rúa.
Na reunión, á que asistía unha vintena de socios, acordábase entre outros temas realizar a peregrinación a Santiago de Compostela nun día en autobus, igual que o ano pasado, involucrando aos diferentes concellos valdeorreses polos que pasa o Camiño de Inverno; e crear comisións de traballo para levar a cabo as diferentes actividades: organizar a peregrinación a Compostela, vixiar a sinalización co Camiño na contorna, organizar andainas e asistencia a feiras,…
Despois da asemblea, tiña lugar a tradicional cea no Mesón O Poldo da Rúa.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver