Un punto sumaba o Tres Cuñados FS na tarde deste sábado 11 de abril tras o empate en casa co Campito Chapela, manténdose nos postos de promoción de ascenso.
O partido, disputado no pavillón municipal de Calabagueiros, poñíase de cara para os locais cos dous primeiros goles (de Edgar no minuto 5 e Hamza no 14), cun xogo dinámico e moi activo por ambos equipos pero especialmente eficar por parte dos locais.

Co 2-0 chegaba o descanso e tras o paso polo vestiario cambiaban un pouco as tornas e nun erro defensivo Moha marcaba en propia meta. Así e todo Juanma volvía anotar para os brancos poñendo o 3-1 no marcador. Aínda quedaba moito partido por diante e os pontevedreses estaban dispostos a complicarlle as cousas aos de Felipe, marcando dous goles case seguidos ata empatar 3-3. Saúl volvía adiantar ao Tres Cuñados e o Chapela volvía anotar, repetíndose a xogada unha vez máis co quinto gol, primeiro para os locais de despois para os visitantes.
Finalmente 5-5 e reparto de puntos. O seguinte partido será no pavillón do Poio, terceiro clasificado.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.