Os barquenses acababan perdendo 50-62 ante o líder, o Tui, no pavillón de Calabagueiros
O faroliño vermello da clasificación contra o líder. MV O Barco contra Tui. Ese era o último partido da liga regular no grupo sur da segunda división galega de baloncesto sénior, a disputar no pavillón de Calabagueiros na maña do 19 de febreiro.
Despois de vencer en Santiago a La Salle na anterior xornada (a primeira vitoria da tempada para os vermellos) e malia contar con moitas baixas, os séniors do MV Barco saltaban á cancha con enerxía chegando a poñerse por diante no marcador, nos primeiros minutos do partido. Aínda así, os pontevedreses demostraron porque lideran a clasificación e finalmente superaban aos barquenses por 50-62.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver