Cunha notable asistencia de público, a praza do Concello do Barco convertíase na tarde-noite do 9 de xullo no escenario do primeiro certame “Dama & Caballero” que se organiza por comarcas na provincia de Ourense. Os barquenses animaron aos diferentes participantes e ás dez da noite desvelábanse os nomes dos elixidos. Na imaxe, a Dama e o Cabaleiro de Valdeorras.
Este acto foi organizado pola delegación do certame nacional Dama & Caballero en Ourense e polo Barco CCA.
Fotos: Carlos G. Hervella
Máis fotos e información proximamente nesta mesma páxina web e tamén na vindeira edición en papel do Periódico O Sil