Participaban no concurso celebrado no Pavillón Municipal de Verín na mañá do 18 de abril
Unha vintena de nenos e nenas tomaban parte no Concurso de Gateo que tiña lugar na mañá do 18 de abril no Pavillón dos Deportes de Verín. Esta singular iniciativa (promovida pola Escola de Familia do Concello de Verín, en colaboración con Unicef e a campaña “gotas para Níxer”) consistía nunha proba na que os meniños gateaban “para que en Níxer tódolos nenos e nenas poidan ter auga potable”.
Este concurso tiña dúas categorías: de 0 a 18 meses e de 18 meses a 36 meses. Tras a proba o conxunto dos participantes recibían una medalla de chocolate pola súa participación.
Esta actividade, organizada en conmemoración o Día do Deporte (22 de marzo) e o Día da Auga (6 de abril), “serve ós máis cativos para estimular a súa psicomotricidade grosa, o equilibrio, a coordinación e o que é máis importante, a convivencia entre iguais e o fomento da actividade física dende a máis tempérana idade”, segundo se destaca dende o Concello de Verín.
Fotos: Concello de Verín.