Un home no Carballiño foi descuberto mentres metía a man na caixa nunha coñecida pulpería. Quen descubriu a este suposto amigo do alleo mentres practicaba a súa fechoría foi o propietario do establecemento.
O suceso producíase cara as seis e media da tarde. O ladrón tomara previamente “un cortado”, dixo unha das empregadas do local. Posteriormente, ao dirixirse cara á saída, esta palparía conta con dous locais separados en cafetería e unha palparía, con dúas barras e dúas caixas rexistradoras. Pois o home saíra pola parte da palparía e, segundo contou o propietario, “fedellou na caixa e collino porque escoitei movemento”.
Tanto o dono do establecemento como os empregados retiveron ao home no local á agarda de que chegase a Policía Local. A situación xerou moita tensión, xa que, segundo lle contou por teléfono un dos empregados do local á policía “o home está moi violento e ten un coitelo co que me está a ameazar”. Finalmente, chegaron as forzas de seguridade tras avisar que “ían chegar tarde” dixo unha das empregadas.
No lugar personouse unha patrulla da Guardia Civil e outra da Policía Local. Os axentes entraron no establecemento e procederon a rexistrar ao ladrón, con tanta sorpresa que, ademais do coitelo, o home levaba agochado no seu calcetín un desaparafusador. Mentres os axentes procederon ao rexistro corporal, o home, nervioso, confesou que extraera cartos da caixa rexistradora: “collín 50 euros axente, e logo este home -sinalando ao dono- colleume e devolvinlle todos os cartos”.
Finalmente, foi trasladado á comisaría.
Fotos: Carlos Asensio.