1º Premio na categoría de 12 a 17 anos do Concurso Literario do Mercado Medieval de Veigamuíños 2017 para Irea Prada Alonso
As festas de Galicia,
non son como as demais,
a xente non ten avaricia
e hai fogos artificiais.
Cando vamos as festas
nunca temos tempo de falar,
porque sempre estamos
a piques de bailar.
Nas festas
hai fogos artificiais,
de moitas cores ,
e moi especiais.
Tamén hai bombas,
e atraccións,
moitas máis cousas
e diversión.
Pero sobre todo bailes
e moitos nenos,
porque as festas
non son só para vellos.
imos ao monte,
imos ao mar,
pero nós sen festas
non imos quedar.