Ás nove da mañá do 7 de setembro saían da praza do Concello do Barco os participantes na V Ruta BTT “Los Cigurros”. A novidade desta edición era a posibilidade de optar por dous percorridos: unha ruta longa de 50 quilómetros e dificultade media-alta (con control de tempo e corte nas 2:45 horas en Xagoaza); e unha ruta curta de 29 quilómetros e dificultade media, que chegará ata Xagoaza.
A meta de ambas proba sitúabase no Malecón. Este evento de bicicleta de montaña vén de ser oganizado pola pola Peña Ciclista Valdeorras en colaboración co Concello do Barco.
Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil