Follas, moitas follas de vide e cepas. Verde e marrón marcan as tonalidades que dende agora presenta o anfiteatro da praza do Toural en Sober, tras a intervención artística que vén de realizar Doa Ocampo, natural deste mesmo concello lucense.
A fin desta actuación será inaugurada oficialmente pola creadora neste mes de setembro, nun acto no que estará acompañada polo alumnado do CEIP Virxe do Carme nunha visita didáctica á Praza. Esta inciativa forma parte dun proxecto máis amplo presentado por Ocampo ao Concello de Sober. Nel propoñía a realización de intervencións murais en paredes e outras estruturas do espazo público, así como a decoración de lugares en puntos encrave das rutas de paso turístico abordando as intervencións artísticas mediante temáticas relativas a eses entornos concretos.
Trátase, en opinión de Doa Docampo, de “promover formas de expresión contemporáneas a través desta ferramenta comunicativa que é a arte”. Para o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a proposta vai permitir reconverter espazos deteriorados ou vacíos en lugares cheos de vida e de cor para o disfrute colectivo dos seus habitantes e visitantes. “Axudará a que avancemos así mesmo na incentivación e concienciación da preocupación polo espazo público”.
Fotos cedidas polo Concello de Sober