Estase a retransmitir dende a praza Andrés de Prada e nel tamén actúan Son do Sil e a agrupación Abertal
Ao son de “Moliendo café” principiaba a súa retransmisión dende a praza Andrés de Prada do Barco o programa “Aquí Galicia” da televisión galega na tarde do 16 de setembro. O tema interpretábano os integrantes da Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada. Esta formación reúne a instrumentistas de diferentes puntos do oriente ourensán.
Tamén tocaba pouco despois o grupo valdeorrés Son do Sil coas pezas “La vie en rose” e “La taberna de Buda”, que forman parte do seu novo disco “10 años contigo”. Asemade estaba prevista a actuación da formación valdeorresa Abertal.
Fotos: A.R.