SanidadeÚltima hora

Día contra o cancro de mama, no Barco

A AECC de Valdeorras conmemora a data con caraveis e lazos
Mesa da AECC no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.
Mesa da AECC no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

O 19 de outubro conmemórase o Día contra o cancro de mama, recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra este tipo de cancro e tamén co obxectivo de sensibilizar á poboación da importancia da detección temperá, co fin de mellorar o pronóstico e a supervivencia dos casos de cancro de mama.

Coma sempre, dende a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Valdeorras, tamén conmemoraron esta data, pero cuns días de antelación. Así pois na mañá do 10 de outubro, un grupo de mulleres instalaron unha mesa na praza do Concello do Barco de Valdeorras para informar e recadar fondos co lema “Moito por vivir”. A cambio dunha donación, a xente que por alí pasaba recibía un caravel e un lazo rosa. Tamén están á venda unhas gafas de soldentro da campaña “O reflexo do noso apoio”.

Artigos relacionados

Back to top button