EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 300 persoas na Festa da Empanada de Costrelas da Rúa

O xantar celebrábase no mediodía do 30 de decembro no campo de San Roque

A Rúa vén de despedir gastronomicamente o ano coa celebración da XVI edición da Festa da Empanada de Costrelas, organizada pola comisión de Festas de San Roque, que reunía a máis de 300 persoas.

En concreto foron 310 os asistentes que no mediodía do 30 de decembro degustaban na carpa instalada no campo de San Roque, un menú servido por Mantesil no que se empregaron 150 litros de sopa de allo, 45 empanadas de costelas e 25 tortas de roxóns, ademais de viño, auga e licores.

Despois do xantar, a sobremesa estivo amenizada musicalmente pola discoteca móbil Danzalia, da Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button