O traballo de eficiencia enerxética sobre “illantes térmicos en vivendas” valeulle a María Balnco Setién e Paula Álvarez González, alumnas do instituto de Viana do Bolo, o premio científico IES Carlos Casares-Fundación Endesa sobre enerxías limpas, que dende hai cinco anos premia o inxenio e a innovación a prol do aforro enerxético.
Tal como explican dende o centro escolar, no traballo premiado “trátanse o bioclimatismo, os materiais novidoso e a arquitectura, tendo en conta o entorno e os factores ambientais”. As súas autoras Paula e María, recibiron o premio de mans de Maximiliano Villarejo directivo de Endesa na Unidade Territorial Ponferrada da UPH Noroeste que se achegou ata Viana do Bolo.
No acto tamén estiveron persentes Ernesto Marra e Félix Carrión “mostrando unha vez máis o apoio da hidroeléctrica ao labor do noso instituto, soporte que serguirá alomenos un ano máis mediante un novo convenio subscrito no mes de maio” explica o director do centro Carlos Ferreiro.
No acto, celebrado a comezos de xuño, o irmán de Carlos Casares, escritor galego que deu nome ao instituto, aproveitou a ocasión para doar ao centro un lote de libros de texto.
Texto: Mónica G.Bellver