
Con motivo da conmemoración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller, o Concello de Vilamartín de Valdeorras vén de convocar nesa mesma xornada unha concentración ás 12h. diante da Casa Consistorial. Ás portas do Concello terá lugar a lectura dun manifesto para “esixir a igualdade efectiva e real da muller en todas as áreas”, segundo se informa dende esta Administración local.



