A praza do Castelo de Viana do Bolo acollerá, o vindeiro venres, 14 de agosto, o espectáculo “Unha noite no castelo” a cargo do Mago Teto. A actuación terá dous pases, un ás 21:00h e outro ás 23:00h. O espectáculo contará con ilusións, efectos visuais, maxia en primeiro plano e mentalismo. Ademais, terá a particularidade de que o público non participará activamente, senón que a maxia sucederá nas súas cadeiras.
O aforo estará limitado e o uso de mascarilla será obrigatorio. O Concello tamén incidiu en que o feito de ser unha actividade ao aire libre, permitirá garantir as medidas de distancia social derivadas da pandemia do coronavirus.
