EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A adega valdeorresa Godeval inicia a vendima “con moi boas previsións de calidade e cantidade”

 

Adegas Godeval inicia neste día 26 de agosto, unha nova campaña de vendima na D.O. Valdeorras. Esta será a súa vendima número 38 que empiezauna semana máis tarde que a do ano pasado, que foi o 21de agosto, e converteuse na máis temperá da historia da adega.

“Desde o ano 2020 xa está a ser habitual empezar a finais de agosto a recollida da uva godello”, indican dende a adega, asegurando que a campaña do 2024preséntase como unha colleita “con moi boas previsións de cantidade e calidade. Climatoloxicamente rexistrouse un ano cun inverno de temperaturas e choivas moderadas. A primavera marcou a diferenza sen xeadas tardías e cunha pluviometría rexistrada por riba da media dos últimos anos. Este escenario propiciou unha brotación do viñedo para mediados de abril e unha floración que comezaba a última semana de xuño”.

En resumo, Godeval resalta que o viñedo este ano estivo “en boas condicións e sen estrés acusado. Os vendimadores empezaron recollendo na parcela Pancho (O Barco) e está previsto que durante uns 10-15 días se recollan, como mínimo, uns 364.000 quilos de uva (cantidade colleitada en 2023) nunhas 30 hectáreas de viñedo propio de godello. A adega conta este ano con novos viñedos que entran en producción.

 

Artigos relacionados

Back to top button