ConcellosÚltima hora

A alcadesa de Castro Caldelas plantéxalle á ministra de Transportes a necesidade de solo industrial neste concello

Reuníase hoxe con Raquel Sánchez en Madrid e co director xeral de SEPES

 

A alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, vén de reunirse neste 25 de outubro coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, en Madrid e co director xeral de SEPES en Madrid. “Foi unha Reunión de gran importancia para avanzar na consecución de solo industrial para a implantación de empresas en Castro Caldelas. Por unha banda é a oportunidade de poder crecer as empresas existentes ante a inexistencia de suelo industrial e por outra a posibilidade de poder atraer empresas novas que desexen instalarse na zona”, destaca a rexedora.

Así mesmo, indica que, “despois de numerosos intentos pola vía autonómica que non foron resoltos, esta é a gran oportunidade de poder acadar 35.000m2 de suelo industrial”. Así, segundo adianta Sara Inés Vega, “nos vindeiros días dende a Dirección Xeral de SEPES comezarán o estudio de viabilidade para o futuro polígono empresarial de Castro Caldelas. Paralelamente comezamos o traballo para dotar dun grupo de Vivendas de Protección Oficial a xente moza, aos veciños que as necesiten e ás familias que día a día están interesándose en poder residir e contar con vivenda no concello”.

Así mesmo a alcaldesa indica que se tratou dunha reunión “ao máis alto nivel, onde a ministra Raquel Sánchez Jiménez amosou o máximo interese no futuro desenvolvemento de Castro Caldelas”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button