CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A andaina literaria do IES Lauro Olmo do Barco remata cunha romaría no Salgueiral

Máis de 140 alumnos da ESO percorreron diferentes puntos do pobo con lectura pública

Cansados e acalorados pero tamén satisfeitos, chegaban os alumnos da ESO do IES Lauro Olmo á área recreativa do Salgueiral, no Barco de Valdeorras. Era o punto de encontro que marcaba o final da andaina literaria coa que o centro barquense celabraba, na mañá do 23 de abril, o Día Mundial do Libro.

Co obxectivo de poñer en valor o patrimonio cultural e natural do concello, máis de 140 alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO acompañados por 25 profesores, leron en público diferentes textos por todo o pobo. A ruta comezaba ás 9 da mañá formando grupos con paradasa na Praia do Ouro, a Igrexa da Proba, o Mosteiro de Xagoaza, a Torre do Castro e A Madá. Xa no Salgueiral e distribuídos por cursos, os rapaces disfrutaron dun bo xantar en plena natureza.

Fotos: Mónica G Bellver e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button