ConcellosO BarcoÚltima hora

A arte faise retrato con Lapintiparada no escaparate de Miranda Moda no Barco

Unha escolma da obra da barquense Patricia Fernández Vázquez poderá verse, no marco do proxecto "MirArte", ata o mes de maio

 

Entre a fotografía e a pintura móvense os retratos da barquense Patricia Fernández Vázquez, que asina como Lapintiparada. Por segunda vez a súa obra exporase, e será novamente na súa vila natal, pero desta volta dentro do proxecto “MirArte”, que promove dende hai anos a tenda Miranda Moda no Barco para amosar a obra de creadores valdeorreses.

Os seus retratos (de diversos formatos), pero tamén outro tipo de obras, poderán verse ata primeiros de maio no escaparate de Miranda Moda, acompañando ás prendas da tempada de primavera deste establecemento.

 

 

Graduada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e formada posteriormente en Ilustración Dixital na escola de arte ESDIP_ en Madrid e en Deseño Gráfico na Universidade de San Jorge, Patricia Fernández é unha namorada do debuxo dende meniña. “Levo debuxando e pintando desde que teño uso de razón e quero vivir diso o día de mañá. Sempre me sentín moi cómoda co realismo, por iso é polo que me faga chamar pintiparada, que significa o máis parecido ou semellante a algo”, comenta a artista, que actualmente traballa como deseñadora gráfica en Ourense.

Esta é a segunda vez que a creadora expón no Barco, tras compartir por vez primeira a súa pintura co público nunha exposición celebrada o outono pasado no Casino.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button