En portadaÚltima hora

A Asociación de Empresarios do Parque Industrial da Raña (O Barco) celebra a súa asemblea anual

Ademais de abordar cuestións de importancia para o polígono, procedíase a renovar a directiva, ao fronte da cal continúa Álvaro Blanco como presidente

Asistentes á asemblea, compartndo unha petiscada ao remate da mesma./ Cedida.

 

A Asociación de Empresarios do Parque Industrial de A Raña (O Barco) celebraba onte, 18 de decembro, a súa asemblea xeral anual. Así, despois do parón motivado pola pandemia, esta entidade retoma estas xuntanzas presenciais, polo que “a de ontea foi un reinicio dos bos costumes, negociacións e acordos entre socios, para lograr o benestar de todalas empresas que residen no Polígono e son parte activa na mesma”, aseguran dende a asociación.

A asemblea contaba coa asistencia de máis da metade dos socios (un total 18) e nela debatíanse temas  e inquietudes de cada un, que se tentarán levar a cabo no 2024. Na orde do día figura ademais a elección de nova xunta directiva, “aceptando cada un dos membros, sen por reparo, dado que o seu interese é o avance do polígono”. Deste xeito, continuará 2 anos máis como presidente Álvaro Blanco (Cubiertas Hnos. Blanco), o secretario é José Prada (Prada Sistemas Industriales),  o tesoureiro Juan Martínez (SRS Técnicas) e Vogal José López (Viveros José López).

“Tratáronse temas de vital importancia para o polígono, como é de coñecemento público o desenvolvemento das obras de acondicionamento que se están levando a cabo . Destacando o agradecemento do investimento do Concello e da Xunta e facendo fincapé nalgunas deficiencias que aínda se poderían mellorar e das que se pasará coñecemento o Concello”, explican dende a asociación.

Tras completarse a orde do día da asemblea, a asociación sorprendía aos asistentes cunha petiscada como “agradecemento á súa asistencia e o apoio a mesma, entregando un pequeno agasallo de Nadal e un décimo de lotería a cada un dos socios presentes”.

 

Artigos relacionados

Back to top button