Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

A Asociación Huellas de Cabrera cumpre coa tradición e coloca o belén no cumio de Cruz Mayor

 

Os compoñentes da Asociación Huellas de Cabrera desprazábanse na pasada fin de semana ata Llamas de Cabrera para cumprir coa tradición de instalar o belén no cumio de Cruz Mayor. A marcha, na que algúns portaban indumentaria relativa ao Nadal, partía o 16 de decembro dende a explanada da Virxe do Valle, onde hai unha gran cruz negra de lousa e un panel sobre a historia da canle romana, do mesmo nome, que pasa preto deste lugar.

 

 

“Cruzamos a estrada para seguir, xusto enfronte, por unha boa pista forestal que ascende case ata a cima. Chegamos ao cume. Estaba adornado con algunhas manchas de neve nun día claro e soleado. Dende alí divisábanse, nevados, os cercanos Pico Tuerto, Aquiana e a Yegua, máis lonxe multitude de cumios e no horizonte Os Ancares ao Norte e Pena Trevinca ao Sur. No cumio deixamos o Belén e rendimos homenaxe ao finado presidente da Asociación Huellas de Cabrera, Manuel Murillo, ante a Cruz que os compoñentes da directiva instalaran hai anos”, explican os participantes na marcha que tamén desexan, a través deste vídeo, un “Bo Nadal” a todos dende as alturas.

Con esta ruta para colocar o nacemento, que fai a número 15 deste ano, esta asociación dá por finalizada a tempada de senderismo.

Fotos e vídeo: loispradaf.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button