Andainas-Trails-OrientaciónDeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Asociación Huellas de Cabrera, de ruta polo Parque Natural de Babia e Luna

 

A Asociación Huellas de Cabrera desprazábase na pasada fin de semana ata o Parque Natural de Babia e Luna para desfrutar dunha nova ruta de senderismo. Partían de San Emiliano (León) e, despois, dirixíanse por pequenos sendeiros e zonas de campo a través ata os Portos de Naves, “nun percorrido fantástico por terreo complexo, que nos leva por pequenas e illadas valliñas e roquedos, recollendo en todo momento as impresionantes paisaxes características de Babia, coas impoñentes Ubiñas ante nós”, explican os participantes na ruta.

Despois de bordear a Peña Santos e o Hoyo de Juanín, os camiñantes ascendían ao Pico A Molestina, con restos de parapetos da Guerra Civil, “que con 1739 m. é un dos balcóns principais sobre o Parque Natural de Babia e Luna, desde o cal recollemos unha extraordinaria panorámica de 360º con multitude de picos e vales ante nosoutros”, indican os camiñantes.

 

 

Desde ese punto, seguían dirección ás pvegas do Porto de Naves “para ascender comodamente ao pico Laguna Mala (1717 m) con magníficas vistas das Ubiñas e de varias das vegas principais de Babia, entre as que destaca a Vega de Gorgoberos”.

A ruta proseguía polas Majadas dos Pozos, o Rebezo e Naves, nunha zona idílica, ata enlazar co camiño que os levaba de volta a San Emiliano (León).

Fotos: loispradaf

Artigos relacionados

Back to top button