Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A Asociación Huellas de Cabrera, nos cumes do Parque Rexional Montaña Riaño e Mampodre

 

O Parque Rexional Montaña Riaño e Mampodre, no noroeste da veciña provincia de León, era escenario dunha das actividades da Asociación Huellas de Cabrera na pasada fin de semana. Ata 20 sendeiristas desta entidade realizaba na xornada do sábado a ruta duns 14km e 1100m de desnivel acumulado que percorre o circo glaciar da estación invernal de San Isidro.

O primeiro lugar de interese do traxecto era o Lago Ausente, unha lagoa de orixe glaciar situada a 1750 m de altitude e das mais grandes da Cordillera Cantábrica, despois viña a ascensión a ata 5 cumios de máis de 2000 m (Ausente, Requejines, Agujas, o máis alto da xornada con 2147 m), La Loma e o Pico Toneo para descender ata o parking da estación invernal e dar por finalizada a xornada.

 

 

Xa o domingo tocaba subir O Susarón, un pico de 1878 m situado moi preto de Puebla de Lillo, “despois de disfrutar dun precioso faial na Cervatina, comezaba unha dura ascensión que se compensa con creces ao chegar á cima e desfrutar dunhas vistas espectaculares do encoro do Porma, que forma o río do mesmo nome e regula o caudal de moitos ríos leoneses”, comentan os participantes na camiñata.

Fotos: loispradaf

 

Artigos relacionados

Back to top button