O vindeiro 29 de outubro Vilamartín acollerá ás 10h. a VI Andaina e Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas. Unha cita solidaria á que se suma a atleta vilamartinesa Eva Arias que, a través dun vídeo, vén de amosar o seu apoio a esta cita benéfica que promove ACAPAVAL (Asociación Valdeorresa de Cancro de Páncreas).