
O sábado 27 de xuño celebrarase o Vibra Xoán, unha das citas musicais gratuítas incluídas nas festas patronais de San Xoán, na localidade lucense de Sarria.
O festival celebrarase no Campo do Río e contará cun cartel de luxo. O prato forte será The Rapants, unha das formacións galegas con maior proxección do panorama actual que subirá ao escenario ás 23:30 horas para facer un repaso polos temas máis destacados do seu repertorio.
Con todo a programación musical arricará ás 22 horas coa actuación da banda valdeorresa Mrs. Fine que augura “unha noite de meigas prometedora” Formada hai apenas dous anos por catro músicos valdeorreses, é outro dos grupos de rock nacidos ao abeiro da Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, AMAVA que animarán o ambiente cos seus potentes sons. Xa de madrugada, a festa continuará en Sarria coa sesión de Duendeneta Dj’s.
