En portadaÚltima hora

A barquense Belén García, campiona galega cadete nos 300 valados

Tamén se subían ao podio os seus compañeiros no Adas Antón Vicente, segundo no disco, e Ainara Alejandre, terceira no martelo
Balén García, á dereita da imaxe, competindo no campionato galego./ Foto: A.R.

Rozando o récord galego, a barquense Belén García facíase coa medalla de ouro no campionato galego cadete que se está a disputar este 27 de maio nas pistas de Calabagueiros do Barco. Esta alteta do Club Adas vencía con rotundidade na proba dos 300 metros valados cunha espectacular marca de 44,38.

Tamén conseguían subirse ao podio os valdeorreses Antón Vicente Polo, que se proclamaba subcampión en disco, e Ainara Alejandre no lanzamento de martelo, cunha terceira posición e unha marca de máis de 37 m. Deste xeito, na sesión da mañá o Club Adas suma xa tres metais nesta competición autonómica.

Máis fotos e información:
https://osil.info/o-adas-colleita-oito-medallas-nun-emocionante-campionato-galego-cadete-no-barco/
https://osil.info/o-campionato-galego-cadete-de-atletismo-do-barco-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button