CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Biblioteca do Concello de Verín estrea unha nova sección dedicada ao mundo árabe

Está integrada por máis de medio centenar de libros doados pola Biblioteca Islámica "Félix María Pareja"

Foto: Concello de Verín.

 

A Biblioteca do Concello de Verín vén de crear a nova sección “Mundo Árabe”, un fondo bibliográfico tanto en lingua árabe como en castelán sobre a cultura, literatura e outros aspectos xerais que afondan e recoñecen o valor do mundo árabe e o seu desenvolvemento en diferentes manifestacións culturais.

A presente sección foi posible grazas á colaboración e ao interese de Luisa Mora Villarejo, xefa de Servizo da Biblioteca Islámica “Félix María Pareja”, dependente da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) (Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación), “que en todo momento mostrou a súa implicación na iniciativa da Biblioteca Municipal de Verín”, aseguran dende a entidade. Nos últimos tempos, a biblioteca viu incrementar o número de usuarios e usuarias árabes que buscan na nosa biblioteca información, lecturas xerais e de lecer sobre a súa cultura.

 

Foto: Concello de Verín.

 

A nova sección está integrada por máis de medio centenar de libros doados pola Biblioteca Islámica “Félix María Pareja”, que abranguen desde diccionarios árabe-castelán, Antoloxía poética, escritos sobre literatura palestina, Islam e dereitos humanos, entre outros.

“Esta nova sección na Biblioteca Municipal de Verín é un paso importante para promover o coñecemento e a comprensión da rica cultura árabe entre a cidadanía. Agradecemos a colaboración da Biblioteca Islámica ‘Félix María Pareja’ e esperamos que esta iniciativa fomente a interculturalidade e o diálogo entre as nosas comunidades”, explicou a concelleira de Cultura, Samanta Barreira.

Artigos relacionados

Back to top button