CulturaCulturaÚltima hora

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico xa se pode visitar virtualmente

A exposición permite coñecer dixitalmente as obras de artistas de Galicia e do norte de Portugal

 

A XIII Edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, exposición que recolle obras de artistas emerxentes de Galicia y do norte de Portugal, ofrece a posibilidade de ser visitada a través da pantalla. Esta iniciativa, xa adoptada polo Louvre, o MoMa de Nova York ou o Museo do Prado, permite democratizar e facilitar o acceso a arte.

A idea de percorrer a exposición de xeito virtual consolidouse coa pandemia xa que a Covid-19 impediu, en moitos momentos, acudir aos museos cando a arte era máis necesaria que nunca. Por outro lado, este proxecto democratiza a creación e o acceso á arte. Todos e todas poden crear e acceder á arte.

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, tras 25 anos, ten máis dun argumento para a súa consolidación como unha oportunidad para que os artistas do Eixo Atlántico disfruten dun recoñecemento profesional e é unha plataforma de lanzamento de mozos pintores da Eurorrexión.

Visita a XIII Bienal de Pintura de xeito virtual

O visitante toparase con 30 pinturas. Cada una delas está acompañada coa súa correspondente ficha técnica coa información relativa á obra, medidas e técnica, así como os datos do artista para favorecer a súa difusión. Tamén se poderán compartir as obras e marcarlas como favoritas.

Os artistas

Talentos de Galicia e do norte de Portugal plasman os seus traballos nesta exposición.

Tito Senna, gañador da XIII Bienal de Pintura grazas á súa obra “Coração Resiliente”, opina que “la exposición virtual ya es parte de una necesidad contemporánea. En la web, la exposición adquiere un carácter atemporal, multiplicando la experiencia de la bienal. Incluso en tiempos de reclusión, la propuesta de la visita virtual rompe la barrera física, poniendo el arte y la cultura al alcance de todos”.

Breogán Torres, de Vigo, premio Novos Talentos pola obra: “As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra”, asegura que cree en “un modelo de distribución da arte que permita achegala ao local, á xente que vive realmente na cidade ou vila na que se leve a cargo a exposición. Mais tamén creo que iso está ligado a facela máis accesible, especialmente ao falar de espazos con financiación pública. Partir dende a base de servir dunha utilidade para a zona é o mellor xeito de acadar un lugar dende o que tratar tamén problemas mais globais e xerar conexións entre espazos. Alégrame moito cando estas conexións se consiguen dende o virtual. Chegar ao virtual e chegar a algo colectivo que sabemos que contén distintas temporalidades: é o contrario a quedar sós e illados nas nosas burbullas de artistas. Alégrame que a exposición do Eixo Atlántico teña unha versión virtual que calquera poida ver”.

 

 

Sandra Lodi, ilustradora, artista plástica e autora de “Camposanto”, asegura que: “La visita virtual, con una buena difusión, permite llegar a un mayor número de asistentes. De la misma manera podemos darle mayor visibilidad a nuestro trabajo. En cualquier caso, es positivo”.

Á súa vez, o vigués Santiago Rieira, pintor de “Chocolate” opina que: “Es un acierto incluir las nuevas tecnologías para una más diversa difusión, tanto de la bienal como de las obras seleccionadas y por ende del trabajo de l@s artistas seleccionados, lo cual no resta sino que suma a los métodos tradicionales de difusión de la misma”.

Antonio Bahía, artista nado en Vila Nova de Famalicão é o pintor da obra “Sobrevoo #5”, explica que: ““A divulgação de trabalhos artísticos online é um estímulo para a comunicação com os espectadores, é uma excelente ferramenta que faz parte do processo de divulgação do meu trabalho”.

Víctor Rodríguez, autor de “Fi(n)estras” ve a Bienal Virtual como “unha oportunidade á difusión das obras da bienal no formato dixital, con protagonismo crecente na época actual. Aproveitar esta canle para que os nosos traballos cheguen a máis xente sempre suma, así que agradecer os que fan posible isto pola súa labor e bo facer. Falamos dunha influencia positiva da rede no tocante á arte. Usado con criterio, hai aquí un vieiro para achegarse a obra dos artistas”.

Ana Romero, autora lusa da obra “33º53`13“N35º30`47”, enfatiza na importancia de manter tamén os formatos tradicionais: “O mundo contemporâneo é virtual: catálogos, exposições, informação. Sem a prova física, material, corre-se o risco de tornar anacrónica a vista a museus e galerias, o folhear de livros em papel”.

A visita virtual “como medio añadido para hacer el arte más accesible y cercano al público, me parece una iniciativa fantástica, al hacer posible una experiencia inmersiva desde la comodidad del hogar”, afirma Carolina Suárez, quen pintou “No te quaesiveris extra” (Non intentes buscarte fóra de ti mesma).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button