ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

A borrasca provoca caídas de árbores e cortes nalgunhas estradas de Río

 

Os efectos da borrasca Álex deixábanse sentir en San Xoán de Río. Ao longo da mañá víanse árbores caídas en diferentes puntos do municipio, que nalgúns casos caían sobre estradas. Así sucedía en Cambela, San Silvestre e Domecelle, ademais de noutras estradas locais.

En todas elas interviña o persoal do Concello de San Xoán de Río para proceder á súa limpeza e poder restablecer o tránsito de vehículos. Arestora están todas abertas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button