ConcellosO BarcoÚltima hora

A caída dunha anciá na súa casa mobiliza aos equipos de emerxencias no Barco

 

Pasadas as sete desta tarde a veciñanza dun dos edificios da avenida da Deputación do Barco alertaba aos servizos de emerxencias ao escoitar berros dunha anciá, con problemas de mobilidade, que reside soa nunha das vivendas do inmoble e que sospeitaban que se caira.

 

 

Ata o lugar desprazábanse de inmediato a Policía Local, unha ambulancia e os bombeiros do parque comarcal, tamén foi avisado o GES Valdeorras. Finalmente localizouse a outra veciña que tiña chave da casa da anciá e dese xeito puídose acceder á vivenda, segundo informan os veciños.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button