En portadaÚltima hora

A campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA homenaxea aos empresarios e sortea 1.200 euros en vales de compra

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e o Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, xunto co Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, celebran o Nadal cun sorteo de ata 1.200 en vales de compra, en concreto dous vales de 200 euros cada un e oito vales de 100 euros cada un para investir nos establecementos participantes na campaña.

Ademais, os clientes tamén entrarán no sorteo de cinco estoxos de viño da Denominación de Orixe Valdeorras, doados polo Concello Regulador. O sorteo estará vixente do 14 de decembro ao 7 de xaneiro. Para participar, os clientes deberán cubrir cun nome e teléfono os tickets de compra dos establecementos asociados, con datas comprendidas entre o 14 de decembro e o 7 de xaneiro, e depositalos nunha urna no comercio onde se realizou a compra. O sorteo terá lugar o venres 13 de xaneiro na oficina de AEVA e CCA O Barco.

Paralelamente, ambas as asociacións quixeron homenaxear aos empresarios asociados que son os protagonistas da cartelería de Nadal este 2022. De forma voluntaria e atendendo a un chamamento de AEVA e CCA O Barco, cinco empresarios do Barco accederon a prestar a súa imaxe para a cartelería de Nadal que se distribuirá entre os establecementos e colocarase nos mupis.

A cartelería fai referencia aos anos que levan devanditos empresarios celebrando o Nadal en Valdeorras cos seus negocios abertos.

Artigos relacionados

Back to top button