PolíticaÚltima hora

A candidata socialista ás europeas Lorena Guerra visita Manzaneda

 

A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra, desprazábase ás 11h. desta mañá de 26 de maio ata Manzaneda. En compaña do seu alcalde de Manzaneda, Amable Fernández; e doutros cargos do partido, como é o caso do seu secretario provincial Rafael R. Villarino, e da deputada provincial Margarita Martín, visitaba a zona medieval de Manzaneda.

No decurso da visita Guerra poñía en valor a necesidade de que Europa se comprometa na recuperación de zonas BIC nos municipios do rural, como é o caso de Manzaneda.

O PSOE adianta que impulsará a iniciativa Nova Bauhaus Europea, co gaio de mellorar a calidade da contorna construída nos conxuntos históricos e patrimoniais, facilitando o recoñecemento europeo dos sinalados destinos ourensáns. Ademais, promoverá a incorporación das singularidades patrimoniais destes concellos no Selo Europeo do Patrimonio, coa finalidade de incentivar visitas que potenciar o coñecemento da historia, da cultura e dos valores europeos dos devanditos territorios.

A caravana electoral socialista fixo parada tamén en Castro Caldelas, onde a candidatura socialista, na compaña da alcaldesa, Sara Inés Vega, e compañeiros do grupo municipal, participaron nun reparto informativo polas rúas da vila para explicar as principais propostas do partido nas próximas eleccións europeas.

Visita ao complexo monumental de Santa Mariña de Augas Santas

Outra das citas do día tivo lugar en Allariz, concretamente no conxunto monumental de Santa Mariña de Augas Santas, onde o PSdeG-PSOE de Ourense aproveitou para subliñar que “o patrimonio histórico de Ourense e de Europa é un tesouro, polo que todos e todas debemos traballar dende as institucións, e especialmente dende o Parlamento Europeo para conservalo e impulsalo”.

Artigos relacionados

Back to top button