Tras a boa acollida da anterior edición, a XXV Feira do Viño de Valdeorras volve incluír unha cata popular que, en tres quendas, se celebrará ao longo da mañá deste 2 de xuño no patio da Casa Grande de Viloira (O Barco). Consiste en que o público cate e puntúe, como se dun panel de cata se tratase, os viños da mostra e a súa valoración verase reflexada nuns premios que se entregarán esta noite, pouco antes do remate da mostra.
Fotos: A.R.