ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A cea popular de San Antón reúne a preto de 170 persoas en Fontei (A Rúa)

As festas rematan hoxe coa sesión vermú amenizada pola orquestra Solara que actuará tamén en sesión de tarde, e a actuación de Abertal ás 20h.

Entremeses, empanada (de carne e de bonito), carne e patacas asadas, ensalada, bica, café e licores. Foi o completo menú que degustaron as preto de 170 persoas que asistiron á cea popular de San Antón, en Fontei.

Despois de tres días de festas con cultos e música de diferentes estilos, na noite do sábado 16 de xuño chegaba un dos pratos fortes do programa de San Antón. A cea tiña lugar coma sempre nun lateral do adro da igrexa de Fontei, elaborada e servida por Mantesil. E mentres os comensais daban boa conta do menú, na praza Enriqueta Casanova a orquestra D’Líder animaba a bailar ao público asistente.

A festa remata hoxe, domingo 17 de xuño, coa sesión vermú amenizada pola orquestra Solara que actuará tamén en sesión de tarde, e a actuación do grupo de gaitas Abertal a partires das 20h.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button