ConcellosO BarcoÚltima hora

A celebración do Día do Orgullo LGTBI+, no Barco

 

O Concello do Barco colabora este ano con asociacións da comarca para a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI+, que se conmemora en todo o mundo o día 28 de xuño. As bandeiras arco iris ondean desde hoxe tanto no Edificio Multiusos como na Casa Consistorial, edificio que se iluminará coas mesmas cores nas noites dos días 28, 29 e 30 de xuño. O domingo, 30 de xuño, a partir das 20,00 horas, o grupo “Piratas sin parche” protagoniza o concerto reivindicativo que terá lugar na Praia Fluvial do Paseo do Malecón.

Ademais os tres grupos políticos da Corporación barquense asinaban un manifesto conxunto, no que, entre outras cuestións indícase que “desde o Concello do Barco consideramos que a celebración do Orgullo 2024 debe servir para facer un chamamento ás forzas políticas e sociais a evitar que desde as institucións se promovan discursos e accións discriminatorias. Unha oportunidade para poñer freo á adopción de medidas regresivas en contra da diversidade e os dereitos das persoas LGTBI+, que non son o reflexo do sentir da maioría social. Non só facemos nosas as reivindicacións do colectivo LGTBI, senón que entendemos que sen os seus dereitos plenamente recoñecidos, a nosa democracia non sería plena”.

Artigos relacionados

Back to top button