EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A CEO e a DO Ribeira Sacra únense para promocionar os produtos ourensáns en Valladolid

Cedida.

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) en colaboración coa DO Ribeira Sacra e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) participou na cata organizada polo Museo Provincial do Viño de Valladolid no Castillo de Peñafiel para promocionar produtos da provincia de Ourense.

O Museo Provincial do Viño, icona da industria enolóxica na Ribeira do Douro, acolleu o pasado venres, 13 de setembro, a cata de Denominación de Orixe convidada, como vén sendo habitual dentro do programa RRE. A través do presidente da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, degustaron viños da denominación e coñecido máis de preto a viticultura heroica característica da Ribeira Sacra.

Xunto cos viños, ofrecéronse produtos asociados ao programa de raza autóctona porco celta de CienPorCel preservadas pola Deputación de Ourense a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), que conta co apoio da Consellería do Medio Rural de Galicia. Entre os produtos que acompañaron a cata, destacaron os queixos galegos de Queixos Feijoo, impulsados no Xeodestino Celanova Serra do Xurés, e o prestixioso I.G.P. (Indicación Xeográfica Protexida) “Pan de Cea”.

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) sumouse como entidade colaboradora na promoción e o recoñecemento destes produtos locais, os cales forman parte do valioso patrimonio gastronómico da provincia de Ourense.

Back to top button