OurenseÚltima hora

A CHMS mellorará o saneamento e depuración do núcleo de Arnuide (Vilar de Barrio)

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e Manuel Conde Gómez, alcalde de Vilar de Barrio, veñen de asinar un convenio que determina o financiamento, redacción do proxecto, posta ao dispor dos terreos, execución e posterior entrega das obras de renovación das infraestruturas de saneamento e depuración do núcleo de Arnuide.

Na actualidade, este núcleo de 500 habitantes verte as súas augas residuais a varias fosas sépticas, colapsadas por un funcionamento incorrecto, o que conleva unha escasa ou nula depuración das mesmas. Doutra banda, estas infraestruturas de depuración atópanse dentro do dominio público hidráulico, o que ha de evitarse ao amparo da normativa vixente en materia de augas.

Para solucionar esta problemática a través do convenio rubricado a CHMS construirá oito fosas compactas con filtro biolóxico, con capacidade variable, entre 10 e 200 habitantes equivalentes. En cada unha das actuacións definidas será preciso executar un colector que intercepte co existente e conduza as augas residuais á nova depuradora, así como outro colector de alivio ao río para a evacuación das augas.

As novas fosas construiranse fóra do dominio público hidráulico e demoleranse os antigos equipos de depuración situadas dentro do mesmo.

O investimento necesario estímase en 815.000 Euros, incluíndo o custo de redacción do Proxecto, a execución do contrato de obras, así como a dirección facultativa do mesmo.

Artigos relacionados

Back to top button