ConcellosEntroido 2022Última horaViana do Bolo

A “Comparsa” visita Penouta (Viana do Bolo)

 

Encabezada polo Director e polos Músicos, a Comparsa, unha das manifestacións propias do Entroido de Viana do Bolo, volvía percorrer neste tempo de Entroido as aldeas do surleste deste municipio. Logo do obrigado parón do 2021, esta singular comitiva retomaba a tradición na mañá deste sábado, cunha visita a Penouta.

 

 

Así, o Director, os Músicos, vestidos de sanitarios en homenaxe a esta profesión, os de Esquilas, a Señorita e o Paiaso daban unha ronda por Punxeiro, tras solicitar o preceptivo permiso, que remataba na aira onde se daba paso aos brindes e ás disputas.

Fotos: Ares Pérez.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button